GIF

GIF

venres, 15 de decembro de 2017

Recomendacións de Güino

Güino e as súas axudantes de biblioteca fannos as seguintes recomendacións para este nadal.


Esperamos que vos gusten.

xoves, 14 de decembro de 2017

Contacontos

Hoxe Sabela e Nuria fóron as encargadas de contarnos o conto dos xoves,neste caso foi "Iago ten un pesadelo" e tamén trouxeron un teatro feito por elas para simultanealo coa historia que nos ían contanto.Tanto nos gustou que Inés lles preguntou se nolo podían agasallar para ter na clase e así o fixeron.
Moitas grazas!!!



mércores, 13 de decembro de 2017

Árbore de nadal

Xa estamos a piques de chegar a esas datas que tanto nos gustan, o Nadal!!! e como facemos nas nosas casas,tamén decoramos o noso cole.
Entre todos os nenos/as de infantil construímos unha árbore mariña con caracolas,estrelas e peixes que quedou así de estupenda.


As nosas familias axudaronnos moito para facer estos peixiños tan coloridos.
Como nos gusta buscalos e velos cada vez que pasamos por diante.
E na clase tamén puxemos unha árbore que decoramos con bolas.
O corredor de infantil tamén está chulísimo cos renos que fixemos hai uns días.

martes, 12 de decembro de 2017

FESTIVAL DE NADAL

A PRÓXIMA SEMANA TERÁ LUGAR O FESTIVAL DE NADAL.O ALUMNADO DE 3 ANOS FAREMOS UNHA ACTUACIÓN ONDE NOS CONVERTIREMOS EN BONECOS DE NEVE POLO QUE É PRECISO QUE TRAIAMOS ROUPA BRANCA PARA OS DOUS DÍAS (MÉRCORES 20 E XOVES 21) A PARTE DE ARRIBA PODE SER UNHA CAMISETA BRANCA DE ADULTO ,CANTO MÁIS LONGA MELLOR, E PARA A PARTE DE ABAIXO PANTALÓN,MEDIAS...TAMÉN TRAEREMOS BUFANDA E GORRO DE INVERNO.
NO COLE LLE POREMOS OS ADORNOS QUE LLE FALTAN, POLO QUE SE É POSIBLE AGRADECERÍAMOS QUE NOS FAGADES CHEGAR A PARTE DE ARRIBA UNS DÍAS ANTES E XA QUEDARÁ NA CLASE PREPARADA PARA O GRAN ACONTECEMENTO.
MOITAS GRAZAS


martes, 5 de decembro de 2017

Aniversarios de novembro

O pasado xoves celebramos os aniversarios de Álvaro e Marcos que xa teñen 3 anos!!!compartimos con eles un día tan especial merendando os doces que trouxeron cada un.Parabéns compis!¡








sábado, 25 de novembro de 2017

Dentro e fóra

Antes de facer o traballiño individual nos gusta xogar,experimentar e vivenciar os novos conceptos.Hoxe tocou dentro e fóra.Para elo empregamos un aro que nos deixou o profe Javi e fomos colocando as cousas que nos mandaban segundo a orde de dentro e fóra.











xoves, 23 de novembro de 2017

Recta numérica

Esta semana estivemos traballando cos números e o xogo de hoxe consistía en saltar na recta númerica.Algúns nos puxemos un pouco nerviosos pero o fixemos xenial e pasamos un bo rato aprendendo.Aquí van algúns exemplos.





mércores, 22 de novembro de 2017

Identificamos e xogamos co número 1

Hoxe a nosa alfombra encheuse de números de distintas cores e formas.O xogo consistía en atopar todos os números 1 agochados e non se nos escapou ningún!!!.










Despois,cos nosos números 1 seguimos xogando,nesta ocasión tiñamos que levantar a tarxeta segundo a cor que nos dixeran,isto xa nos costou un pouquiño máis.


Tamén aprendimos a facer o número 1 coa nosa man.

E por último...despois de facer o 1 no encerado o repasamos nunha ficha con pintura de dedo.

martes, 21 de novembro de 2017

Motricidade fina e cores

Hoxe xogamos a un.xogo de identificación de cores e de paso...traballamos a motricidade fina para poder coller cada vez mellor o lápis e as pinturas.Non se nos resistíu ningún pompón!! e despois de collelos coas pinzas especiais, os colocamos segundo a súa cor na caixa correspondente.