GIF

GIF

mércores, 29 de marzo de 2017

VISITA DA TELE

HOXE OS AMIGOS DE PROTECCIÓN CIVIL NARDO E FRAN, VOLVERON O COLE PARA RECORDARNOS COMO ACTUAR EN CASO DE EMERXENCIA. PERO ESTA VEZ NON VIÑERON SÓS,ESTABAN ACOMPAÑADOS POLA TELE!!!! ESTÁBAMOS UN POUCO NERVIOSOS/AS  POR TAL ACONTECEMENTO, E TODOS/AS QUIXEMOS DAR A NOSA OPINIÓN DIANTE DA CÁMARA.GUSTOUNOS MOITO A EXPERIENCIA E A MAÍS DE UN/A PARECE QUE LLE INTERESA ISTO DO XORNALISMO.AGORA SÓ QUEDA ESPERAR UN TEMPO PARA PODER VERNOS NA TELE!!!








venres, 24 de marzo de 2017

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

HOXE COMO TÓDOLOS ANOS TOCOU VISITAR A ALEJANDRO NA SÚA BIBLIOTECA.NESTA OCASIÓN O CONTO ELEXIDO FOI "O MENIÑO NITO.ENTÓN, OS HOMES CHORAN OU NON?"


 E NON PODÍAMOS DEIXAR A BIBLIOTECA SEN DESPEDIRNOS DO SIRENO.
ATA A PRÓXIMA!!!

 

 AQUÍ TEDES O CONTO POR SE QUERECDES VELO DE NOVO.







martes, 21 de marzo de 2017

A FAMILIA MEDRA

ONTE NADA MÁIS CHEGAR O COLE TIVEMOS UNHA SORPRESA MOI ESPECIAL, A FAMILIA DAS XOANIÑAS TEN UN MEMBRO MÁIS; YOVANI!! TODOS/AS QUIXEMOS PRESENTARNOS E ENSINARLLE O NOSO COLE PARA QUE SE SENTISE COMO NA CASA E A VERDADE É QUE PARECE QUE O CONSEGUIMOS.




BENVIDO YOVANI!!!

sábado, 18 de marzo de 2017

AVISO

XA ESTÁN CORREXIDAS AS PROBAS DE APTITUDE DE 5 ANOS FEITAS POLA ORIENTADORA DO CENTRO. SE QUEREDES VER OS RESULTADOS, POÑÉDEVOS EN CONTACTO CON ISABEL.

mércores, 15 de marzo de 2017

AS FRAGAS

NESTE TRIMESTRE NOS METEMOS DE CHEO NAS FRAGAS DO EUME CUN PEQUENO PROXECTO SOBRE ELAS.

QUE SABEMOS?

-HAY UN RÍO (YERAY)
-HAY MUCHOS PECES (RUBÉN)
-HAY UN PUENTE (MARTA)
-HAY MUCHOS ÁRBOLES (HUGO)
-PUEDE HABER COCODRILOS (SANTI)
-HAY CASCADAS (THIAGO)
-VAN PESCADORES (IAGO)
-HAY UN PUENTE QUE SE MUEVE (LÚA)
-ESO SE LLAMA PUENTE COLGANTE (YERAY)
-EL PUENTE ES DE MADERA (DANIELA)
-HAY MUY BUENAS VISTAS (YERAY)
-HAY MUCHAS HOJAS POR EL SUELO(HUGO)
-ANTES HABÍA ONJES (MARTA)
-HAY ALGO PARA COMER (CANDELA)
-HAY FRUTOS SECOS (YERAY)
-ARRIBA HAY UN BAR(LÚA)
-HAY UN REMOLINO (THIAGO)
-FUERON LOS BOMBEROS PORQUE HUBO UN INCENDIO (IAGO)
-PUEDEN IR LOS "HACHADORES" A CORTAR ÁRBOLES (DANI)
-EL AGUA DEL RÍO ESTÁ FRÍA (SANTI)
-HAY MUCHAS ROCAS (RUBÉN)
-EL PUENTE POR DEBAJO ESTÁ DE LADRILLOS(HUGO)
-EN UN SITIO DEL RÍO EUME HAY MORCEGOS (IAGO)
-TAMBIÉN HAY PATOS (RUBÉN)
-HAY UN MONASTERIO (MARTA)
-HAY BICHOS (DANI)

QUE QUEREMOS SABER?
 -QUE ES UNA FRAGA?(IAGO)
-QUE HAY EN LAS FRAGAS ÁRBOLES,ANIMALES...?
-PORQUE HUBO UN INCENDIO? (IAGO)
-PORQUE UN NIÑO SE METIÓ EN UN ÁRBOL? (DANI)
-PORQUE EL AGUA ESTÁ TAN FRÍA(RUBÉN)
-PORQUE HAY TANTAS HOJAS ?(THIAGO)
-PORQUE HAY MORCEGOS? (IAGO)
-DONDE ESTÁN LAS FRAGAS?(DANIELA)
-PORQUE HAY TANTOS ÁRBOLES? (MARTA)
-PORQUE VAN LOS LEÑADORES? (DANIELA)
-PORQUE HAY UN REMOLINO EN EL RÍO?(THIAGO)
-PORQUE HAY TANTOS BICHOS?(DANI)
-PORQUE HABÍA MONJES Y YA NO? (IAGO)
-PORQUE HAY TANTAS MESAS PARA COMER?(CANDELA)
-PORQUE HAY UN MONASTERIO?(IAGO)
-PORQUE HAY UN PUENTE COLGANTE (MARTA)

CARLOS, BIÓLOGO E TRABALLADOR NAS FRAGAS VEU O COLE A CONTARNOS UN POUCO O QUE PODEMOS VER NELAS E CONTESTAR AS NOSAS PREGUNTAS.NAS FRAGAS HAI NUTRIAS, MARTAS,XABARÍNS,LOBOS,INSECTOS... A ÁRBORE MÁIS NUMEROSA É O CASTIÑEIRO E A AUGA ESTÁ TAN FRÍA PORQUE VEN DAS MONTAÑAS.

 

SE TEDES ALGUNHA INFORMACIÓN,CONTO,OBXECTO...RELACIONADO COAS FRAGAS PODEDES COMPARTILO CON NÓS.

venres, 10 de marzo de 2017

NOVOS INSTRUMENTOS MUSICAIS

HOXE NA CLASE DA PROFE LARA, COÑECIMOS UNS NOVOS INSTRUMENTOS MUSICAIS QUE LEVARON O COLE UNHAS COMPAÑEIRAS DE PRIMARIA.
UN DELES ERA MOI PERO QUE MOI RARO E DESCUBRIMOS QUE SE CHAMA DIDYERIDÚ.É UN TUBO DE MADEIRA QUE EMPREGABAN OS ABORÍXENES DE AUSTRALIA E QUE NOS RESULTOU UN POUCO COMPLICADO PORQUE PARA QUE SONE HAI DE SOPRAR MOI FORTE.
O OUTRO, O YEMBÉ,NON SE NOS RESISTÍU. A PERCUSIÓN É O NOSO!!!








mércores, 8 de marzo de 2017

MATEMÁTICAS ABN

Nestos días andamos traballando cos números e as matemáticas descubrindo pouco a pouco o método ABN (método do algoritmo baseado nos números)un método aberto grazas o cal podemos chegar á mesma solución de distintas maneiras e a través do cal manipulamos,xogamos,pensamos e contamos entre outras moitas cousas.

Identificamos os números e contamos ata 100.


Descubrimos os números pares e impares.

-Un número par es cuando tienes una cosa y tienes otra cosas y son 2.
-O cuando tienes un par de cosas.

-si tienes 4 cosas son 2 pares.

Contamos e repartimos entre 2.
-Par es cuando repartes entre 2 y no sobra nada.
-y los 2 tienen las mismas cosas.

Traballamos cos bloques lóxicos seguindo uns criterios dados.



Coñecemos as "familias" numéricas buscando semellanzas e diferenzas entre elas.




  


DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe 8 de marzo,celebramos o día da muller traballadora.O alumnado de terceiro ciclo de primaria recitou dúas poesías de Rosalía de Castro tituladas " Xan" e "A xustiza pola man".

 


Xan. Rosalía de CastroXan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o caldo...
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.

Pepa, a fertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentras seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira si hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros,
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, que agachado
traillo en baixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela xa o espera antre as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:

—Por Dios non barulles moito...
que me estou mesmo morrendo.
—¿Pois que tes, ña mulleriña?
—¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
que esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
—Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio que aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentras os meniños deito.

De bágoas se enchen os ollos,
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, que antre mil,
n' hai máis que un anxo antre os demos;
n' hai máis que un atormentado
antre mil que dan tormentos.


"A XUSTIZA POLA MAN" Rosalía de Castro
Aqués que ten fama de honrados na vila
roubáronme tanta brancura que eu tiña,
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas,
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería,
¡morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, murcháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangue maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
-Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Entonces cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
Na nosa clase todos/as traballamos e xogamos do mesmo xeito.