GIF

GIF

luns, 24 de decembro de 2018

Nadal 2018

E chegou o gran día. O noso segundo festival de nadal no cole🎄🎅,as ansiadas vacacións... O tempo voa!😰
Despois da super actuación xunto cos peixiños, tocaba repoñer forzas cunha estupenda merendola con productos típicos desta época tan especial.





Se queredes ver de novo a actuación...

E non podíamos rematar sen recibir a visita dos paxes reais que recolleron as nosas cartas📮






















Só me queda desexarvos a todos os mouchos e as súas familias unhas moi felices vacacións, felices festas e feliz ano novo! Vémonos á volta coas pilas cargadas e as ilusións renovadas.

luns, 17 de decembro de 2018

Árbore de nadal

Un ano máis os nenos e nenas de infantil construímos unha árbore de nadal cooperativa entre tódalas familias. Nesta ocasión o motivo elexido foi a galleta de xenxibre que decoramos na casa e quedaron así de fermosas.

Magdalenas de outono

Seguimos metidos de cheo na cociña e no proxecto bo proveito!. Nesta ocasión como receita do outono fixemos unhas riquísimas magdalenas con noces.
Mesturamos o azucre e os ovos. Engadimos a levadura e a fariña, medio vaso de aceite e as noces machacadas.
Xa case estamos preparados/as para facer nós as sobremesas nestas festas que se aproximan.











Aniversarios decembro

Neste mes acumúlansenos as celebracións e unha das mais importantes foi o aniversario dos nosos mouchos máis pequenos. Parabéns a Martín, Inés e Paula que xa cumplen catro anos!


Aniversarios de Novembro

Nos últimos meses somos varios os mouchiños que nos estamos facendo maiores. No mes de novembro tocounos celebrar o anuversario de Marcos e Álvaro.
Parabéns pequerrechos! 

luns, 3 de decembro de 2018

OSO PANDA CON ARROZ

SEGUINDO A NOSA VIAXE POR CHINA, HOXE TOCOU TRABALLAR CON DÚAS DAS COUSAS MÁIS SIGNIFICATIVAS DESTE LUGAR, O ARROZ E O OSO PANDA ASI QUE MESTURANDO AS DÚAS COUSAS OBTIVEMOS UNHS PRECIOSOS CADROS.