GIF

GIF

martes, 30 de xaneiro de 2018

Día da paz e a non violencia

Como cada 30 de xaneiro celebramos o día da paz.Nesta ocasión preparamos varias actividades.


Entre todos/as escribimos unha mensaxe de paz que botamos ao noso particular mar dentro dunha botella, para que chegue ao resto do mundo.



 Tamén con todos os anacos de cinta laranxa que trouxemos ao cole, fixemos unha máis grande e a incorporamos xunto coas dos demais compañeiros para bailar ao seu redor,Mauro foi o encargado de facelo, ollade que chulo quedou.En todos os anacos escribimos mensaxes e palabras bonitas,nós como aínda estamos aprendendo as letras escribimos PAZ que era máis doado, aínda que temos moi claro o seu significado e que non só hoxe temos que desexar todas as cousas boas que se nos ocorreron senon que o hai que facer tódolos días.

-La paz es no hacerse pupa (Víctor)
-No pegarse (xoel)
-No pelear (Dani)
-No empujar (Mauro)
-No lastimar (Mathías)
-Hacerte no pegar a un niño (África)
-Tarta de chocolate (Diego)
-No gritar (Raúl)


Tamén limos o conto que trouxo Xoel IMAGINE.e descubrimos que a pomba é o símbolo da paz.





Por iso había hoxe tantas no cole!! e que rápido voaron!!


Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi bailar e cantar a canción elexida para o día de hoxe,menuda marcha temos!!!


http://celecofre.blogspot.com.es/?m=1

venres, 26 de xaneiro de 2018

Disfrace submarinista

Pinchade na imaxe para acceder ao titorial de como facer o disfrace.

OS MOUCHOS SON OVÍPAROS

XA SABÍAMOS QUE OS MOUCHOS NACÍAN DE OVOS COMO MOITOS OUTROS ANIMAIS.TABEIRÓNS,TARTARUGAS,PEIXES,SERPES,PATOS,POLOS... E QUE SON TAN CÓMODOS QUE NON FAN OS SEUS NIÑOS PARA POLOS SENON QUE COLLEN OS QUE ATOPAN ABANDONADOS.
TARDAN 30 DÍAS EN EMPEZAR A NACER E É A MAMÁ MOUCHO A QUE QUEDA ENRIBA DELES PARA INCUBALOS ATA QUE SAEN OS MOUCHIÑOS E NON SE MOVE NIN PARA COMER!!! UNHA VEZ QUE SAEN TANTO O PAPÁ COMO A MAMÁ ADÍCANSE AO SEU COIDADO.


HOXE VIMOS UN NIÑO DE VERDADE, CANTO TRABALLAN OS PAXARIÑOS PARA CONSTRUÍLO E QUE SEXA TAN SEGURO QUE NIN OS OVOS NIN OS POLIÑOS CAIAN.EMPREGAN HERBAS,PAOS,CINTAS,FOLLAS,TERRA E TODO O QUE ATOPAN POLO CAMIÑO.




O QUE TEMOS MOI CLARO É QUE CO TAMAÑO QUE TEÑEN OS MOUCHOS OS SEUS OVOS NON PODEN SER DEMASIADO GRANDES, SERÁN COMO OS DUN PAXARO OU OS DUNHA GALIÑA???

ANIVERSARIOS XANEIRO


HOXE AINDA QUE DEBERÍA SER UN DÍA DE DIVERSIÓN E ALEGRÍA A CELEBRACIÓN NON FOI TAL COMO QUIXÉRAMOS POSTO QUE UN DOS PROTAGONISTAS DOS ANIVERSARIOS DE XANEIRO, BRAIS, NON PUIDO ESTAR CON NÓS.AS ENFERMIDADES NON NOS DEIXAN TRANQUILOS NIN DÍAS TAN SINALADOS!!
AÍNDA ASÍ, DENDE AQUI LLE MANDAMOS OS NOSOS PARABÉNS E UN BICO MOOOOOOI FORTE PARA QUE SE RECUPERE PRONTO E O FACEMOS EXTENSIBLE AOS OUTROS MOUCHIÑOS QUE TAMÉN ESTÁN PACHUCHOS NA CASA.


ÁFRICA E VÍCTOR TAMÉN SE UNEN AO CLUBE DOS 4 ANOS CONVERTÍNDOSE XUNTO CON BRAIS NOS MAIORES DA CLASE.PARABÉNS!!



QUE RICA ESTABA A TARTA E COMO NOS GUSTA CELEBRAR OS ANIVERSARIOS COS AMIGOS/AS.

 

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Aviso día da paz

A cinta será tipo lazo e deberá estar na aula uns días antes para poder escribir as mensaxes.Moitas grazas

venres, 19 de xaneiro de 2018

Identificamos os números

Seguimos a traballar cos numeros.Esta vez os atopamos todos revoltos e os tivemos que ordear de forma ascendente identificando orde e grafía.










Cando xa os tiñamos todos colocados...decidimos contar cara atrás como se fósemos foguetes a piques de despegar.Nos fixo moita gracia!!!

cancións de mouchos

XA "SABEMOS" DÚAS CANCIÓNS DE MOUCHOS.

A PRIMEIRA É DUN POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO TITULADO "EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO" 


E A OUTRA NOLA TROUXO HOXE XABI AO COLE.PERTENCE AO DISCO "TIC TAC" DE PABLO DÍAZ E TITÚLASE O "MOUCHO CHOSCO".


En mi carita redondita


AÍNDA QUE SI TEMOS XOGADO OUTROS DÍAS COA PLASTI, HOXE TIVEMOS QUE FACER ALGO CONCRETO;A NOSA CARA!! PRIMEIRO ESCOITAMOS A CANCIÓN/POESÍA " MI CARITA REDONDITA" E DESPOIS DE FALAR QUE COUSAS TERÍAMOS QUE POR NA NOSA CARA...PUXÉMONOS MANS Á OBRA E ESTE FOI O RESULTADO.



QUE GUAPÍSIMOS/AS QUEDAMOS!!!





xoves, 18 de xaneiro de 2018

Tesoiras

Esta semana empregamos por primeira vez as tesoiras, e aínda que non é nada doado cunha pouca concentración conseguimos resultados bastante bós,só nos queda seguir practicando.
 




Aprendemos cos Mouchos

Seguen a chegar cousas de mouchos a nosa clase e mentres tanto imos aprendendo sobre eles.




Sabemos como é o son que fan,os mouchos ULULAN.
Tamén sabemos que nacen de óvos,son OVÍPAROS,pero eles non fan niños,ocupan os que xa están feitos e baleiros e empregan sempre o mesmo,menudo morro!!!



Comezamos a facer entre todos/as un mural onde ímos recoller todo o que aprendamos.Ollade que chulo está quedando.